Análise do anuncio "Vivamos como galegos" realizado por alumnos de 1º de bacharelato:



Mª do Mar Moldes Portela, Raquel Montes Gomez, Bibiana Paleo Soto, Tatiana Ojea Vázquez





O que máis nos gustou do anuncio que eliximos foi a maneira de espertar un sentimento galeguista dentro de nós que nos amosa a Galiza como un país unido non só por un idioma e un territorio, senón polas súas propias costumes.
O que menos nos gustou á vez que nos chamou a atención foi está moi elaborado e amosa un gran sentimento só para anunciar o V aniversario dos supermercados “Gadis”.

O que mais impacto nos produciu foi a forma que ten o mozo de narrar a vida dos galegos, as súas costumes e á vez promocionar as cousas típicas da nosa terra tales como os pementos de Padrón, o lacón con grelos … etc. acompañado por unha melodía sentimental que fai xurdir emocións en nós.

O anuncio promociona os produtos dispoñibles en tódolos supermercados Gadis cuxas calidades son que proveñen da nosa propia terra. Non os compara con outros, pero da maneira na que se nos presentan danos a entender que non hai outros similares nin de igual calidade no mercado.

O destinatario ó que pretende ser dirixido este anuncio, somos todos os galegos.

O tipo de publicidade empregada é: desde o punto de vista do tratamento do produto, de cualificación xa que dota de valores engadidos ó produto promocionado; desde o punto de vista da compaña: é de mantemento, dado que pretende non ser esquecido; desde o punto de vista do modelo comunicativo é dun réxime de relato posto que a mensaxe queda enmascarada pola narración.

Consideramos que a idea é moi creativa pero demasiado extensa e sentimental para anunciar un supermercado coma Gadis. O anuncio ten certa similitude co mundo cinematográfico porque nos tres minutos que dura, cóntanos unha apaixonante historia galega.

A estrutura do anuncio consta da introdución na cal parece un mozo en diversas cidades do mundo falando do sentimento de morriña que sentímo-los galegos cando nos atopamos lonxe da nosa terra, do nó, no cal se nos fai reflexionar sobre as costumes da nosa terra, que van dende a nosa maneira de falar ata a os nosos produtos típicos e da conclusión que é dispoñer de produtos típicos da nosa terra nos supermercados Gadis.

O personaxe principal é o mozo que fala pero en realidade os que teñen importancia somos todos los galegos, dende os mais pequenos ata os anciás.

O entorno no que transcorre a apaixonante narración vai dende as mais importantes cidades do mundo ata Galiza, ensinándonos desta as súas bonitas praias, os seus verdes paisaxes, e o máis bonito do seu rural.

As técnicas de publicitarias que emprega son a persuasión indirecta mediante a creación dun clima de confianza, a mecanización (pola reiterada repetición do clima galego), a identificación que sufrimos nos co mozo e a proxección dos sentimentos do personaxe principal.

Non emprega ningún recurso literario en concreto, pero si está presente en toda a narración unha mestura entre as repeticións e as metáforas que provocan en nos sentimentos.

Mentres a música soa e o mozo cóntanos a historia amósasenos imaxes das grandes cidades, de distintas paisaxes galegas, das comidas típicas da nosa terra, das festas galegas,das relacións familiares…e remata cunha bonita imave de milleiros de galegos nun campo colocados de maneira que forman a palabra VIVAMOS.

O texto oral utiliza unha linguaxe pausada e exclamativa. Por suposto, fala en galego cun rexistro familiar que pretende achegarse a nós.

Emprega unha música moi acorde coa narrativa cuxa función é empatizarnos có mozo.

Os valores empregados son a ledicia, a colectividade galega, a comodidade, a TRADICIÓN, o natural e puro …