Análise do anuncio de LARSA realizado polas alumnas:
Rocío Curt, Marta Martínes, Tamara Martínez e Tania Villaverde.






1- Punto de partida
-O que máis nos gustou do anuncio foi que está dirixido a toda a poboación sexa do ámbito industrial ou rural xa que o leite é un produto de primeira necesidade do cal todos precisamos.
-o que menos nos gustou foi que na parte na que se reflexa o leite sendo vendido no supermercado identifícase ó encargado da compra e da casa cunha muller e non cun home.
-Pensamos que a idea de transmitir os diferentes puntos de vista segundo sexa unha ama de casa, un traballador dunha fábrica, un gandeiro… enriquecen a mensaxe que se quere facer chegar os posíbeis consumidores.
- A música xoga un papel importante posto que a música é galega trandicional e asociase co mundo da industria leiteira.

2 -Produto e destinatarios
  • O produto anunciado é o leita da marca Larsa
  • Reflexa calidades obxectivas como que proporciona traballo en Galiza.
  • As vantaxes deste pruduto son que está feito na nosa terra empregando factores produtivos galegos.
  • No indica os nutrintes que te pode aportar consumir un vaso de leite.
  • O produto vai dirixido a todos os tipos de persoas aínda que a hora da compra céntrase na figura da muller.


3-Tipo de publicidade
-Desde o punto de vista do tratamento do produto: de presentación
-Desde o punto de vista da campaña: de mantemento
-Desde o punto de vista no modelo comunicativo: de discurso
4- Análise narrativa
A acción
Este anuncio non é moi creativo xa que non innova no modelo empregado nos anuncios de leite.
A estrutura narrativa deste anuncio é:
- Formulación: momento nos que se nos presenta o produto e a súa fabricación
-Nó : reflexa o momento da compra do leite
-Desenlace: móstranos a mellora da calidade de vida coa consumición deste produto.
Comparando o mundo do anuncio co do cine ou literatura podemos ver que o do anuncio é máis verosímil e o seu único obxectivo é a consumición dun produto, pero o cine polo xeral cóntanos historias fantásticas e incríbeis e o seu obxectivo é entreter os espectadores.

A solución que presenta está relacionada co feito de que gran parte dos produtos que consumimos os galegos non se producen nada nosa terra, pola contra o leite Larsa si está feita en Galiza e o anuncio lle da especial importancia á esta calidade.



Os Personaxes

-Os trazos definitorios son variados, xa que van desde unha persoa de idade avanzada ata nenos pequenos pasando por mulleres e homes de corenta anos aproximadamente nun intento de reflexar a nosa sociedade.

-Un dos máis importante sería a importacia que lle da a nacionalidade galega do produto pois este é o lema principal do anuncio.

-Preséntanse varios estereotipos, como a ama de casa con sexo feminino que se dedica á facela compra, o home gandeiro de mediana idade …



A Contorna

-O anuncio establécese nun contorno urbano (supermercado) rural (montañas onde pastan as vacas) , rico, pobre, etc xa que intenta transmitir un popurrí da sociedade no que se identifica a cada unha das persoas ás que va dirixido o anuncio.

-Non ten unha función dramática concreta porque presenta un contexto diario sen estridencias.

-Relaciónase a cada persoa co seu ámbito, por exemplo a muller do supermercado leva unha roupa propia dunha cidade e o home que está ó lado do camión entre as montañas viste chaqueta de traballo.


5-Sistemas de persuasión:

-Técnica publicitaria: persuasión indirecta mediante a creación dun clima de confianza.

-Participación emotiva: mecanismos de proxección.


6-Figuras Retóricas

Non emprega ningunha das figuras nombradas na ficha(metáfora, metonimia, ironía, etc)


7-Tratamento formal

A imaxe:

-Estudo dos distintos planos, sinalando o tipo de plano, a angulación, movemento de cámara, e enfoque. Valor expresivo.

O texto verbal:

-Calidades lingüísticas do texto verbal oral: emprega un nivel da lingua medio, cun rexistro coloquial e diríxese de forma directa ó espectador en primeira persoa.

-Calidades lingüísticas do texto verbal escrito: é unha mensaxe clara e directa ‘’Nós apostamos por Galicia e por ti’’ dirixíndose ó público prometendo calidade e compromiso.

-Análise das funcións da linguaxe e a súa relación co tipo de frase: Afirmativa.

-Rexistros lingüísticos: Coloquial

A música e os efectos sonoros

-Tipo de música: música tradicional galega.

-Función da música: resaltar o espírito galego que se transmite en todo o anuncio.


8-Valores promocionados:

-A felicidade relaciónase coa adquisición do produto xa que mellorará a nosa calidade de vida.

-A sexualidade non ten importancia pero no momento de adquirir o produto sí porque da importancia a figura da muller e non do home.

-Seguridade e estabilidade tense en conta arredor de todo o anuncio porque se nos di que nos proporcionan calidade e garantía.

- A pertenza a unha tribo, a colectividade, neste caso é a Comunidade Galega.

-O ecolóxico se reflexa sobre todo nas imaxes do anuncio xa que é un ambiente rural, e o produto en sí xa é de procedencia animal.