RECURSOS ESTILÍSTICOS DA PUBLICIDADE

A publicidade usa os recursos estilísticos propios da linguaxe poética buscando unha maior efectividade á hora de captar a atención do público:
  • Onomatopeias, aliteracións e cacofonías: "chupschups chupa chups", "chin chin Cinzano", "schhhhhh"
  • Adxectivacións: "novo, suave, esquisito" (un iogur), "un sabor que namora" (un refresco)
  • Repeticións: "sabor,sabor" (sopa), "único, único, único" (un chicle).
  • Comparacións: "lava máis branco", "Máis bo có pan", "o turrón máis caro do mundo"
  • Elipses: "V ten iso"
  • Restricións: "T. sen burbullas"
  • Contrastes: "unha vella idea para un mundo novo"
  • Xogos de palabras: "provoca por boca", "se non sabe non é Dave"
  • Paradoxos: "Rebaixamos as rebaixas"
  • Imaxes, metáforas: "O touro", "sol de andalucía embotellado"
  • Polisemias, duplos sentidos: "xente de boa pasta", "atún C., claro"
  • Citas: "e fíxose a luz", "lobos con pel de cordeiro"
  • Expresións comúns modificadas: "minoría absoluta", "galegos ilustres" (queixos), "as copas claras" (anís).














Fonte: Bará Torres e Lourenzo González: Lingua galega e literatura 3. A descrición. Edicións xerais. Vigo, 1996.