A ESTRUTURA DUN ANUNCIO

A maior parte dos anuncios manteñen unha estrutura moi lineal, bastante clásica: comezo, medio, e final:
  • O comezo debe invitar ao espectador a que continúe véndoo, como un cebo, pode ser cunha imaxe, un dilema, un misterio...external image placeholder?w=288&h=288
  • No medio atopamos o discorrer dos acontecementos, accións que van ligadas ao seu comezo.
  • O final é a solución ou a resolución, ás veces convén rematar cun xiro inesperado para sorprender ao espectador, xusto cando lle mostramos a marca. http://www.youtube.com/watch?v=0KTZ2Gbyktk
Esta estrutura tan clásica está sendo desbancada nos últimos anos, con anuncios de televisión impredicibles e extravagantes. Algúns críticos de publicidade chaman a esta tendencia "publicidade rara", o perigo que entraña é que o espectador consiga reter a extravagancia pero non o produto ou a marca en cuestión. (Renault Megane)
http://www.youtube.com/watch?v=nSl0KKvv8rs