A publicidade é unha técnica de comunicación comercial que intenta fomentar o consumo dun produto ou servizo a través dos medios de comunicación.
A publicidade chega ao público a través dos medios de comunicación que emiten os anuncios a cambio dunha contraprestación previamente fixada para adquirir espazos; emitindo o anuncio na cadea durante un horario previamente fixado pola axencia. Este contrato é denominado contrato de emisión ou de difusión.
A publicidade ten dous obxectivos, de acordo coas preferencias do anunciante, os seus obxectivos, ou as demandas do mercado.
En primeira instancia, idealmente, a publicidade informa o consumidor sobre os beneficios dun determinado produto ou servizo, resaltando a diferenciación por sobre outras marcas.En segundo lugar, a publicidade busca inclinar a balanza motivacional do suxeito cara ao produto anunciado por medios psicolóxicos, de maneira que a probabilidade de que o obxecto ou servizo anunciado sexa adquirido polo consumidor se faga máis alta grazas ao anuncio.
Primeiros exemplos publicitarios na historia
A publicidade existe dende as orixes da civilización e o comercio. Dende que existen produtos que comercializar houbo a necesidade de comunicar a súa existencia; a forma máis común de publicidade era a expresión oral.
En Babilonia atopouse unha táboa de arxila con inscricións para un comerciante de ungüentos, un escribán e un zapateiro que data do 3000 a. C. Xa dende a civilización exipcia,Tebas coñeceu épocas de grande esplendor económico e relixioso; a esta cidade tan próspera atribúenselle un dos primeiros textos publicitarios. A frase atopada nun papiro exipcio foi considerada como o primeiro reclamo publicitario do que se ten memoria.
Cara a 1821 atopouse nas ruínas de Pompeia unha grande variedade de anuncios de estilo grafiti que falan dunha rica tradición publicitaria na que se poden observar vendedores de viño, panadeiros, xoieiros, teceláns, entre outros. En Roma e Grecia, iniciouse o perfeccionamento do pregoeiro, quen anunciaba de viva voz ao público a chegada de embarcacións cargadas de viños e mercadorías varias, sendo acompañados en ocasións por músicos que daban a estes o ton axeitado para o pregón. Esta forma de publicidade continuou ata a Idade Media. En Francia, os donos das tabernas voceaban os viños e empregaban campás e cornos para atraer a clientela; en España, utilizaban tambores e gaitas, e en México os pregoeiros empregaban os tambores para acompañar os avisos.
Parte do que se coñece actualmente como publicidade nace coa imprenta de Johannes Gutenberg, quen se ocupou de mostrar o seu invento a un grupo de mercadores de Aquisgrán. Coa crónica mundial de Nuremberg, figuran unha serie de almanaques que conteñen as primeiras formas de publicidade. En 1453 xorde a chamada Biblia Gutenberg e os famosos almanaques convértense nos primeiros periódicos impresos. A imprenta permitiu a difusión máis extensa das mensaxes publicitarias e, coa aparición de novas cidades, a publicidade consolídase como instrumento de comunicación.

A publicidade moderna

A publicidade moderna comezou a evolucionar nos Estados Unidose Gran Bretaña a finais do século SXVIII durante a revolución industrial. Apareceron os axentes de publicidade; o primeiro coñecido foi Volney B. Palmer, quen en 1841 inaugurou en Filadelfia unha oficina coa cal obtivo considerable éxito. En España en 1872, o pioneiro da publicidade Rafael Roldós, fundou en Barcelona a primeira axencia do país, que aínda na actualidade segue en activo.
A principios do século XX, as axencias profesionalízanse e seleccionan con maior rigorosidade os medios onde colocar a publicidade. É así como a creatividade comeza a ser un factor importante á hora de elaborar un anuncio. Nos anos 30 nace unha famosa técnica creativa: o brainstorming, aínda que non foi ata a década de 1960 cando se usou de xeito habitual.



heno_de_pravia.jpg