Ficha análise

Propoñémosche unha ficha con diferentes preguntas para analizar un anuncio publicitario. Podes empregar o vídeo que che propoñemos para realizala.




1. Que produto anuncia?

2. Que obxectivo persegue?

3. Que estratexia publicitaria emprega?

4. A que tipo de audiencia (target) vai dirixido (urbana-rural; nova-de idade; nivel cultural)? Cales son os seus compradores potenciais?

5. Que modelos se ofrecen? Que tipo de persoas saen? Que valores resalta?

6. Emprega algún lema ou slogan? Explícao

7. De que maneira está empregada a música? Que temas, cancións ou estilos utilizan?

8. Que estratexias emprega? Deseño do anuncio, emprego das cores, tipo de imaxes e planos ( duración de planos)

9. Que valores transmite e que mensaxes ocultas pretenden influírnos? Que idea existe detrás de cada anuncio?

10. Emprego de diferentes estilos e linguaxes 1

11. Con que imaxes e elementos asocia o produto? Emprega hipérboles visuais 2? Redundancia 3?

12. Que tipo de estereotipos4 se poden ver nos anuncios?

13. Opinión sobre o anuncio. É eficaz? Cres que convence?



1. Retórica: De orixe clásica, emprégase na publicidade e relaciona distintas linguaxes: literaria, poética, fílmica ou artística coa finalidade de xerar unha mensaxe persuasiva.
2. Hipérbole visual: Úsase con frecuencia en publicidade e cambia a escala dos produtos coa fin de que parezan máis grandes
3. Redundancia: As campañas utilizan mensaxes redundantes que axundan a lembrar a marca asociada á campaña
4. Estereotipo: Enténdese como unha imaxe ou idea acatada comunmente por un grupo ou sociedade con carácter inmutable . A publicidade reproduce os estereotipos circulantes.